Benposta, escuela de circo

Un documental de Iris Justo Rodríguez

"Benposta, Escuela de Circo" é un documental que trata as vivencias dalgunhas das personas que formaron parte do Circo dos Muchachos.
 

"Benposta, Escuela de Circo" é un documental que trata as vivencias das persoas que formaron parte do Circo dos Muchachos.
A través de entrevistas , contan como foi a súa vida naquela época antes de que rematase o coñecido circo.
Esta peza xira entorno a seis protagonistas que nos contan como foi a súa vida cando rematou este proxecto. Moitos deles viven fora de Benposta pero outros permanecen no pobo e loitan por conservar ese espazo.
Este proxecto profundiza en tres cuestións principais: como foi a vida desas persoas cando desapareceu o circo, comentan a situación actual tras o embargue do terreno e reflexionna sobre como lles gustaría que seguise Benposta.

"Benposta, Escuela de Circo" está formado por cinco persoas ás que nos apaixona o mundo do audiovisual e da comunicación. Tras ver como se estaba levando a situación da aldea de Benposta, David Seixalbo e Iris Justo Rodríguez decidiron comezar este proxecto e gravar coa axuda do resto do equipo. 

Iris Justo Rodríguez (Verín). Dirección e cámara. Graduada en Comuniciación Audiovisual e participante en diferentes proxectos audiovisuais a nivel de cámara, producción e dirección. 

David Seixalbo (Seixalbo). Producción. Organizador de eventos culturais: galas benéficas (Gala contra el cáncer de Ourense), festivais de música e artes escénicas (axudante de producción no Festival das Artes Escénicas, Festival Reperkusión) é un gran traballador en produccións audiovisuais de diferentes características. 

Martín Varela (Coles). Guion. Graduado en Comuniciación Audiovisual . Destaca pola sua imaxinación e inxenio para os guións e non só neste proxecto se non noutros realizados durante a súa carreira.

Xacobo Novoa (Laza). Producción. Ciclo superiro de Axencia de Viaxes e Xestión de Eventos en Ourense. Traballou en varios documentais como axudante de producción tales como Entroidar.

Manuel San Martino (Verín). Operador de drone Graduado en Comunicación Audiovisual, masterizado en 3D pola ESCAC, (Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya). Operador de drone e participante en varios proxecto audiovisuais.

  • Facebook
  • YouTube
  • Instagram