Arraigadas á terra

Un proxecto do C.I.M (Centro de Información) da Muller e Iris Justo Rodríguez

Un proxecto de empoderamiento audiovisual para prever a violencia de xénero no rural de comarca de Monterrei dende unha perspectiva histórico-cultural das nosas aldeas

Arraigadas á terra” é un documental realizado nas aldeas do rural da nosa comarca de Monterrei, e trata a cultura tan bonita das nosas xentes e especialmente a vida das mulleres rurais nos sete concellos da contorna. 

A finalidade do documental é educativa e de empoderamento das mulleres dende o audiovisual. 

Que acontecería se as mulleres das nosas aldeas tivesen en fronte unha cámara de vídeo para falar sobre as súas historias de vida? Que acontecerían se fosen elas as que nos presentasen a fermosura das nosas aldeas? Por que lle queres tanto a esta terra? "Arraigadas á terra" é un documental comunitario creado por mulleres do rural da Comarca de Monterrei nas que rescatamos as súas lembranzas para sempre.

Lévase a cabo grazas a aportación dos concellos da Mancomunidade de Verín – Pacto de Estado Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes de Igualdade.